A.L.A.S. nace dentro dun contexto árido en canto ó asociacionismo LGBT na cidade de Lugo. Con anterioridade xurdiran movementos similares en finalidade pero con escasa durabilidade. Que nos conste:
En 1995: constituiuse "Cristianos de Diferentes Sexualidades" (C.D.S.), que organizaron un video forum coa película "Maurice", e participaron nun programa de radio (existen grabacións). Disolveuse ó ano seguinte.
En 1997 constituiuse un grupo denominado "GA.LE.GA" (Gais e Lesbianas de Galicia), asociado ó comité anti-S.I.D.A. Non se trataba dun grupo reivindicativo, senon máis ben dun grupo de reunión e contacto entre persoas de sexualidades minoritarias, ademáis de colaborar coas labores do comité. Non nos consta que se disolvera, pero non está en activo.
En 1999 constituiuse a plataforma dependente de Esquerda Unida denominada "A Dosela" (Área pola Diversidade de Opción Sexual e Expresión Libre Afectiva). Organizaron un único video-forum coa película "Beautiful thing". Disolvéronse ese mesmo ano para fundar a primeira "A.L.A.S.", non adscrita a ningún partido político.
O primeiro grupo denominado A.L.A.S. xurdiu dos componentes de A Dosela, no ano 1999, pero non chegou a realizar ningunha actividade pública, aínda que participou no intento de formación dunha plataforma LGBT galega unida.
Dende fai uns anos, en Ribadeo, funciona a Plataforma Popular Gai, vinculada ó Partido Popular.
A festividade do 28 de Xuño (día do Orgullo Gai) veuse celebrando no pub Emo anualmente, sen estar organizada por ningún colectivo, aínda que durante algúns anos o comité anti-S.I.D.A. participou na súa organización.
Na primavera do 2001, houbo un contacto entre catro dos antigos membros de A Dosela-A.L.A.S., dous componentes de GA.LE.GA. e o ex-coordinador do C.D.S. Todos coincidiron na necesidade de organizar un grupo LGBT independente e autónomo, que herdaría o nome de A.L.A.S.
Na actualidade A.L.A.S. fórmana en torno a dez persoas que participan de manera activa e continuada, ademáis dun número variable de colaboradores puntuais ou ocasionais.
Dende o comezo no ano 2001 realizáronse varios actos tanto de carácter lúdico como cultural e informativo.
---
Breve reseña da historia da actual A.L.A.S.:
Primavera do 2001: Reúnense os primeiros integrantes, comeza a convocatoria de xente.
Outono do 2001: Comeza a funcionar con regularidade, redáctanse os estatutos e organízanse os primeiros actos.
11/12/2001: Primeiro acto público, charla de presentación en Alto Minho.
19/12/2001: Primeiro video-forum: "Entendes".
15/01/2002: Firma da acta fundacional.
19/02/2002: Charla-coloquio: "A homosexualidade na historia".
23/02/2002: Festa "Golpe de estado petardo", coa entrega dos premios "Mariquita de plata" e "Mosca cojonera".
¿21?/03/2002: Video-Forum "Gay club".
¿13?/04/2002: Colaboración na organización do espectáculo drag "Petardíssimas".
16/05/2002: Charla-coloquio: "¿Gais, lesbianas, bisexuais, transexuais... e cristiáns? ¡Naturalmente!" en colaboración con X.E.G.A.
Do 22 ó 28/06/2002: I Semana do Orgullo LGBT de Lugo.
---
A.L.A.S. é unha asociación apolítica e aconfesional que persegue a desmitificación das condicións e opcións sexuais minoritarias, e a educación social tendo como punto de partida a cidade de Lugo, o cal supón unha dificultade adicional.
A pesar de encontrarnos nunhá localidade reticente na súa maioría á visibilidade, o nivel de participación, escaso ó principio, aumenta paulatinamente por parte das institucións e locais comerciais de diferentes tipos, non só na rama da hostelería.
O funcionamento actual é bastante sinxelo. reunímonos unha vez por semana para discutir e preparar os actos que realizamos. Temos como obxectivo un acto mensual.
En breve introduciranse novedades na estructuración do grupo, coa formación de novas vocalías, así como no funcionamento, xa que se organizarán reunións de encontro, non de traballo, con unha periodicidade por confirmar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario